Neste curso poderás iniciarte ou millorar os teus coñecementos dos nosos instrumentos e bailes, dentro dun entorno natural como é a Granxa de Barreiros.
O obxectivo principal será disfrutar do folclore galego nas diferentes especialidades, profundizando na que máis che guste e iniciándote nas que descoñezcas.


GAITA
-Aprendizaxe dun repertorio sinxelo para gaita, utilizando o Pito
Galego (frauta adaptada á dixitación de gaita)         
-Estudo do manexo do fol: aprender a temperar mediante unha
respiración tranquila.
-Montaxe dun repertorio en común para bailar e para banda de
gaitas.


PERCUSIÓN
-Iniciación á técnica da percusión tradicional: pandeireta, tamboril
e bombo.
-Estudo dos ritmos tradicionais galegos básicos.
-Arranxos de percusión para bandas de gaitas.
-Iniciación ao baile galego para nenos.


BAILE
-Estrutura e construcción dos puntos nos bailes soltos.
-Montaxe de bailes sinxelos.

PREZO: 135 €.
(Entrada luns 26 de xuño ás 10:00 h e saída o martes 27 de xuño ás 20:00 horas)

Descarga AQUÍ o FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

Inclúe: pensión completa, profesorado especialista, monitores da granxa, seguros e unha alimentación sana con productos naturais e de temporada.

Traslado de ida en autobús dende o Colexio Fingoi o luns 26 de xuño ás 9:30 horas.

* O Centro de Música Fingoi resérvase o dereito de cancelar cursos se non se cobre un mínimo de prazas.

 

 

 

FaLang translation system by Faboba