O Obxectivo do curso é mostrar unha visión completa da nosa Música Tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos/as dunha visión global do folclore.

GAITA
Trataránse os diferentes aspectos que engloban a técnica do
instrumento:
1. Posta a punto do instrumento: posición, tempero, afinación e empalletado.
2.Técnica aplicada á ornamentación propia da gaita galega:estudos para unha correcta dixitación e para un perfeccionamento na execución dos diferentes tipos de adornos.
3. Aplicar os aspectos anteriores a un repertorio concreto e común.

PERCUSIÓN
-Iniciación á percusión tradicional e aos chamados instrumentos de fortuna (culleres, tixola...)
-Técnica de tambor, aplicada e baseada nos ritmos tradicionais.
-Arranxos de percusión para cuartetos.

BAILE
-Obradoiro de baile tradicional galego. Estrutura e construcción dos puntos nos bailes soltos.
-Improvisación e exemplos prácticos.


PREZO: 175 euros
(Entrada mércores  28 de xuño ás 10:00 e saída venres 30 de xuño ás 20:00 horas).

Descarga AQUÍ o FORMULARIO DE INSCRICIÓN.


Inclúe: pensión completa, profesorado especialista, monitores da granxa, seguros  e unha alimentación sana con productos naturais e de temporada.

Traslado de ida en autobús dende o Colexio Fingoi o mércores 28 de xuño ás 9:30 horas.

* O Centro de Música Fingoi resérvase o dereito de cancelar cursos se non se cobre un mínimo de prazas.

 

 

 

 

 




 

FaLang translation system by Faboba