O Campamento Musical Urbano 2017, organizado polo Centro de Música Fingoi, está dirixido a nenos/as de 3 anos (nados no 2013) a 13 anos, sen coñecementos previos de música, que dexesen achegarse á música.
Faranse dous grupos, de 3 a 7 anos e de 8 a 13 anos, podendo dividirse en máis grupos, segundo as necesidades dos alumnos/as.

O Campamento Musical Urbano está impartido polo profesorado do C.M. Fingoi, cunha gran cualificación e experiencia; todos eles especialistas recoñecidos tanto a nivel concertístico como didáctico.

Utilizaremos a agrupación con instrumentos Orff, o coro e xogos musicais para participar activamente dende o principio na música.


OBXECTIVOS:

-Facilitar espazos e actividades de movemento e expresión corporal.
-Disfrutar do uso da voz falada e cantada en grupo e individualmente.
-Explorar as posibilidades sonoras e musicais do corpo e dos instrumentos musicais.
-Compartir situación e experiencias nutríndose da riqueza que supón relacionarse e colaborar en grupos de idades e capacidades diversas.

CONTIDOS:

-Cancións e recitados en tódolos modos e métricas.
-Xogos musicais.
-Coro.
-Probas de instrumentos de tódalas familias.
-Danzas.
-Percusión corporal.

 

>> Descargar o folleto informativo.

 

PREZOS, DATAS E HORARIOS:

De 10:00 a 14:00 horas.
Posibilidade de horario ampliado, de 9:00 a 10:00 horas con
audicións comentadas e obradoiros musicais.

Prezo 26 - 30 xuño : 65 €
Prezo con horario ampliado: 75 €

* O prezo inclúe: clases, almorzo a media mañá, profesorado especializado, e material necesario.

 

 

INSCRICIÓNS:  Descargar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN, cubrir e reenviar a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou entregar na oficina (Aviación Española 37 27002 Lugo).

Tel: 982 284094 - 982 221630  Fax: 982 250696


 * O Centro de Música Fingoi resérvase o dereito de cancelar cursos se non se cobre un mínimo de prazas.






FaLang translation system by Faboba