Os próximos días 25, 26 e 27 de xuño de 2018 celebramos na Granxa de Barreiros o VII Curso Xuvenil de Música e Baile Tradicional Galego.

O Curso estará a cargo de Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo “Chino” (percusión), e Xabi Iglesias (baile galego).

O obxectivo do curso é amosar unha visión xeral da nosa música tradicional e do baile galego, participando e disfrutando do folclore nun entorno diferente e natural.



Descargue o FOLLETO INFORMATIVO para coñecer todos os contidos do curso.

HORARIOS:

Entrada luns 25 xuño ás 10:00 horas*.
Saída mércores 27 despois do concerto das 18:00 horas.

*Traslado de ida en autobús dende o Colexio Fingoi ás 09:30 horas.

 



PREZO:

O prezo é 175 € e inclúe pensión completa, profesorado especialista, monitores da Granxa, seguros, alimentación sana con produtos naturais e de tempada e traslado de ida en autobús dende o Colexio Fingoi.

INSCRICIÓN:

Para inscribirse debe reservar praza no teléfono 982 284 094 en horario de 15:00 a 20:00 horas.


 

FaLang translation system by Faboba