CV Adrián Balboa Valcarce

Adrián Balboa Valcarce, natural de Triacastela (Lugo) comeza os seus estudos musicais como clarinetista ós 10 anos na Banda de Música de Sarria. Cursa o Grao Medio LOXSE no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña co profesor Jesús López Prado.

Finaliza no ano 2008 o Grao Superior LOXSE coa calificación de Excelente (10) na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMuC) co profesor Josep Fuster Martínez. Nesta mesma escola amplia os seus coñecementos con Lorenzo Coppola (clarinetes históricos), Albert Gumí (improvisación) ou Harry Sparnaay (clarinete baixo).

Foi finalista do IX Concurso de Xoves Intérpretes da Fundación Pedro Barrié de la Maza (A Coruña) no 2005.

Foi membro activo da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia (ONSG), donde foi dirixido por James Ross, Pietro Rizzo, Michael Gilbert ou Rubén Gimeno. No 2007 foi seleccionado pola National Youth Orchestra of the Netherlands (NJO) e tocaría no Concertgebouw de Amsterdam baixo a batuta de George Benjamin.

Colaborou en varias ocasións coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), coa Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya (OBC), coa Orquesta Sinfónica de Madrid (OSM) e coa Orquestra Simfónica del Vallès (OSV) baixo a dirección de Jesús López Cobos, Alberto Zedda, Victor Pablo Pérez, Tuomas Ollila-Hannikainen, Carlos Kalmar, Salvador Brotons, Manuel Valdivieso ou Elio Orciuolo entre outros.

Asistiu como alumno activo a cursillos impartidos por Vicente Alberola Ferrando, Juan Ferrer Cerveró, Luis Miguel Méndez Chaves, Javier Vidal Suárez, Lars Wouters, Antonio Saiote, Enrique Pérez Piquer e Wolfgang Meyer.
No curso 2008/09 disfrutou dunha estadía na Hochschule für Musik Karlsruhe (HFM Karlsruhe) co Prof. Wolfgang Meyer donde obtivo o Primeiro Premio noFreundeskreiswettbewerb HFM Karlsruhe 2009 co Trio Gaillard.

A súa experiencia docente inclúe a Escola Municipal de Música de Sarria e a Escola Municipal de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, diversos campus coa Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e campamentos musicais na Granxa Escola de Barreiros e coa Banda de Música “O Landro” de Viveiro.

En 2014 finaliza o Grao Profesional LOE de Gaita Galega no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo cos profesores Leopoldo Romero e Xurxo Fernández.

Actualmente desempeña a súa actividade docente no Centro Autorizado de Música Profesional Fingoi (Lugo).

 

 

 

FaLang translation system by Faboba