CV María Ruiz Santos

Nace en Villanueva de los Infantes (Ciudad Real) e comeza os seus estudos no Conservatorio de Manzanares, para logo continuar no Conservatorio Profesional Marcos Redondo de Ciudad Real.
No ano 2000 ingresa no RCSMM para continuar estudos de frauta traveseira e no ano seguinte ingresa na especialidade de Traverso Barroco, rematando ambas especialidades con sobresaínte.
Asistiu a clases con numerosos profesores: Álvaro Octavio, Mónica Raga, Miguel Ángel Angulo, Salvador Espasa, Mª José Ortuño, Manuel Guerrero, Pilar Constancio…entre outros. Como traversista, recibiu clases de Álvaro Marías, W. Hazelzet e Marc Hantai, con quen fixo o Master na interpretación da Música Antiga, da Universidade Autónoma de Barcelona.
Colaborou con numerosas orquestras como na Orquestra Académica de Madrid, Orquestra de Chamartín, Orquestra da Universidade de Alfonso X, Filarmónica da Mancha, coa que actuou como solista…así como en diversos grupos de cámara.
Colaborou en numerosas gravacións, como no disco do IV Centenario do Quixote, a banda sonora da película “The Birthday”, así como numerosas cortometraxes.
A nivel pedagóxico, leva dando clases dende que estudaba en Madrid, impartiu varios cursos de Música Antiga, así como obradoiros de construción de instrumentos para nenos. É profesora do Centro de Música Fingoi dende o ano 2008.

 

 

FaLang translation system by Faboba