CV Pepe Vaamonde Manteiga

Leva máis de vinte años adicado á ensiñanza da gaita galega. Con tan só quince anos comezou a impartir aulas individuais na cidade herculina, asi como en diversas agrupacións. Na actualidade é mestre de Gaita no Centro Autorizado de Música Fingoi de Lugo, na Asociación “Antaruxas e Sorteiros” da Fonsagrada e “Airiños do Neira” de Baralla, contando en total con más de 100 alumnos.

Como gaiteiro cabe destacar que foi o intérprete que máis concursos de gaita gañou na década dos anos noventa, entre eles o “Constantino Bellón” en tres ocasións.

Artísticamente lidera o grupo "Pepe Vaamonde Grupo" que con catorce anos de historia vén de presentar recentemente o seu cuarto traballo discográfico "Nas Pedras do Lar" 2015,  que xunto aos seus anteriores traballos "Aviouga" 2002, "Onde Nace ou vento" 2005 e "Introterra" 2009 , completan a cuatriloxía dos catro elementos naturais. Ver pepevaamondegrupo.com

Tamén é de destacar o seu labor pola investigación do instrumento no Obradoiro de gaitas "Lis" , sendo o responsable  do control de calidade e posta a punto dos instrumentos.

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba