CV Tania Balboa Valcarce

Titulada Superior de Música na especialidade de Oboe no ano 2013, polo Conservatorio Superior de Música de Aragón en Zaragoza obtendo unha calificiación Sobresaínte. Recibe clases de Francisco José Gil como profesor principal, aínda que tamén se nutre das ensinanzas dos profesores José Antonio Masmano,

Lucas Macías, Saskia Roures, Álvaro Octavio, Manuel Angulo e Kennedy Moretti entre outros.
Master de Musicoterapia realizado no Instituto MAP (Música, Arte e Proceso) de Vitoria-Gasteiz no ano 2015 cando remata as súas prácticas na Unidade Neonatal do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, recibindo a máxima calificación (A) da man da Doutora en Musicoterapia Charlotte Linvang.
Facilitadora de Canto Prenatal segundo o Modelo de M. L. Aucher realizando a I Formación en Canto  Prenatal na Escola Afinarte en Madrid impartida pola Doutora Elisa Benassi no ano 2015.

Profesora de Educación Musical Temprana segundo a Music Learning Theory  de Edwin Gordon, impartido por Marisa Pérez e Eli Pujol en Santiago de Compostela durante o curso 2015/2016.

Durante a súa formación como música é parte activa de diferentes agrupacións como a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares, a Orquesta Nova da Sinfónica de Galicia (ONSG), a Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), a Orquesta Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Aragón (OSCSMA) e a Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Aragón (BSCSMA). No ámbito da música de cámara realiza concertos en diferentes cidades da península con dúas agrupacións, o Grupo Barroco “Petite Reprise” e o Quinteto de Vento Madeira “Quinteto Salduie”.
Colabora en varias ocasións coa Banda de Música Municipal de Sarria, tamén coa Banda de Música Municipal de Lugo, co Conxunto Instrumental da Orquesta Sinfónica de Galicia, coa Orquestra 430 de Vigo, coa Orquesta dos Sete Mares e o Lucus Ensemble.

Como musicoterapeuta amplia a súa formación acudindo a diferentes cursos e eventos entre os que destaca o IV Congreso Nacional de Musicoterapia en Madrid, o III Congreso Nacional de Terapias Creativas en Vitoria-Gasteiz, o V Congreso Nacional de Musicoterapia en Barcelona, as Xornadas “Musicoterapia e Oncoloxía” e a formación “Habilidades prácticas en musicoterapia, basadas en la evidencia, para personas con trastornos neurológicos” impartido por Wendy Magee e Sarah Johnson en Vitoria-Gasteiz.

Tamén como docente amplia a súa formación acudindo a cursos como o Curso Intensivo de Pedagoxía musical activa co profesor Jos Wuytack, A improvisación como sistema pedagóxico impartido por Emilio Molina e diferentes cursos de oboe con profesores como Eduardo Martínez, Stephan Schilli, Christoph Hartman e Thomas Indermühler entre outros.

Actualmente traballa como profesora de música, musicoterapeuta e secretaria no Centro de Música Fingoi.

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba