CV Xabier Iglesias

Mestre de bailes tradicionais.
Dende o ano 1990 ven compaxinando a laboura de investigación de cultura tradicional coa de promulgación e ensinanza da mesma.
Promotor e fundador de asociacións e grupos en Lugo coma Reviravolta e o Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro, mestre de baile tradicional en grupos de Baralla, Triacastela, Pedradita do Cebreiro, As Nogais, Friol, Lourenzá, Piornedo.

Cursos de cultura tradicional para mestres de primaria e secundaria.
Ten colaborado e pasado polas escolas e grupos como Xacarandaina, Cantigas e Agarimos, Violia, Cántigas e Frores (onde dirixiu durante 10 anos o grupo de baile da asociación)

Colaboracións en revistas e libros relacionados coa cultura tradicional.
Dirixiu o espectáculo Latexo do grupo ProxectoDanza.

Foi mestre de baile nas Escolas Abertas, programa da Xunta de Galicia para profesores de Centros Galegos

Actualmente dirixe a súa escola privada de bailes tradicionais no Espazo artístico 10 e produce e actúa na obra “moendo muiñeiras”, da clases na Tradescola e no colexio Fingoi.

 

 

 

FaLang translation system by Faboba