CV Pilar Martínez Conde (Pilocha)

Nace en Vigo no ano 1957 e na actualidade reside en Lugo.
Comeza a cantar nos anos 70 facendo parte de diversas formacións e correntes musicais importantes na historia da música galega con grupos, hoxe xa desaparecidos, como “De catro a catro” ou “Roi Xordo”, así como do “Movemento Popular da Canción Galega”, xérmolo real e imprescindible na transición entre Voces Ceibes e a música que se fai hoxe en Galiza.

Grava o seu primeiro disco co título xenérico de “Pilocha” no ano 78 na serie “Xeira” de MoviePlay.
Grava o primeiro disco da formación Grupo Universitario de Cámara de Compostela, cantando as cantigas de Martín Códax e Alfonso X.
Con calqueira das dúas formacións, amosa o seu traballo en diversas cidades de Europa como Londres, Colonia, Maguncia, Bruxelas etc., así como en moitas cidades de España e toda Galicia.
Participa en concertos ou gravacións co grupo Milladoiro, co que fai varias actuacións en directo e con quenes grava unha canción no disco “Gallaecia Fulget”(1995) que conmemora o V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela e outra na segunda entrega do Xabarín clube (A cantar con Xabarín)(1996).
No mes de maio de 1997 participa no “Taller  de fundamentación, orientación e rehabilitación da voz” impartido pola profesora Dª Celia Alvarez.
En 1999 foi premiado como mellor traballo melódico nos Premios Luar da TVG o seu disco “Calamidá sentimental”.
No ano 2000 grava, co grupo Milladoiro, a canción da Marcha Mundial De Mulleres.
Dende pouco despóis do comezo da emisión da Televisión local de Lugo presenta e dirixe “Feminino Plural”.
No ano 2002 traballou coa compañía Teatro do Atlántico, dirixida por Xulio Lago, en recitáis poético-musicais baixo o título de “Ecos e voces dun tempo e un país”.
No ano 2004 asiste ao “Curso de técnica vocal para profesionais da voz” impartido pola foniatra Teresa García Real.
No ano 2004 grava o disco orientado a público infantil “Lambón, cancións para os croques”.
En abril de 2005 asiste ao curso de “Técnica Alexander” impartido pola profesora Dª Marta Barón.
En 2006 asiste ao curso “Jazz, blues e músicas improvisadas- curso práctico de introducción” impartido polo profesor D. Carlos Segovia.
No mes de outubro de 2006 forma grupo con un trío cos músicos Xavier Constenla, Quique Alvarado e Miguel Cabana, cos que fai unha xira por Arxentina e Uruguay convidados pola Consellería de Cultura.
Participa na gravación dun disco con cantos tradicionais de Nadal que viu a luz o pasado decembro de 2006 baixo o nome de “O Quiquiriquí”.
Ao longo do ano 2006 e parte do 2007, traballa nun recital sobre a memoria histórica chamado “Memoria do 36” no que se “recrean” a República e a guerra civil. Tamén leva, xunto coa actriz María Barcala, recitáis poético-musicais polos Institutos de ensino secundario de Galiza.
Nos anos 2006 e 2007 asiste aos cursos de canto impartidos polo profesor D. José Antonio Campo Edesa.
No mes de marzo de 2007 asiste ao curso impartido pola profesora Dª Violeta Hemsy de Gainza “El instrumento como núcleo”.
No mes de outubro de 2007 remata a gravación dun disco, xunto con poetas, pintores e outros profesionais da cultura e que recorda as figuras de nove “paseados” nas aforas de Baiona encargado polo Instituto de Estudos Miñoranos.
Dende o verán de 2007 traballa en diversas montaxes teatrais “A bombilla máxica” de Woody Allen, “Unha primavera para Aldara” de Teresa Moure, “O xogo de Yalta. Afterplay” de Brian Friel, “Memoria de Helena e Maria” de Roberto Salgueiro, “E R. Algún dia traballaremos xuntas” de Josep M. Benet i Jornet e “A charca inútil” de David Desola, dirixidas todas elas  por Xulio Lago, como asesora musical e auxiliar ou axudante de direción coa Compañía Teatro do Atlántico.
No mes de outubro de 2007 participa nos “Encontros de música e filosofía: elementos fisiolóxicos da música” e no mes de decembro do mesmo ano no curso “Xovenes orquestras e labor social” ambolos dous organizados pola Fundación Paideia.

No mes de Novembro de 2008 regresa a Uruguai de concertos, esta vez convidada polo Patronato da cultura galega de Montevideo.
No ano 2008 remata os estudios de canto profesional no Conservatorio de Lugo e dende entón imparte clases de canto na “Escola de arte e lecer” do Colexio Fingoi de Lugo.
Nos anos 2008 e 2010 coordena e asiste a senllos cursos de voz cantada e voz falada impartidos pola profesora Dª Diana Somkhieva.
En febrero de 2010 asiste ao curso de iniciación á educación auditiva e vocal impartido pola profesora Judit Faller.
No pasado ano 2011 presenta no teatro Jofre de Ferrol o seu novo recital titulado “Sempre” e centrado na memoria histórica da comarca de Ferrol terra incluido nas xornadas conmemorativas convocadas polo concello.
No mes de xullo de 2011 asiste presencialmente a master class da profesora e cantante Dª Teresa Berganza no auditorio de Vigo.
Dende o ano 2008 ata agosto de 2012 dirixe e presente un programa de Jazz en Radio Galega Música de nome “Estrano Froito”.
Perante os anos 2011 e 2012 dende a aula de canto do Centro de Música Fingoi, prepara a montaxe da zarzuela “La verbena de la Paloma”.
No Nadal de 2013 publícase o traballo discográfico gravado con Antón Seoane e diversos colaboradores que leva por título “De voces ceibes a Milladoiro” editado por Galaxia.
Ao longo dos últimos anos monta cos alumnos e alumnas máis novos de canto do centro de música Fingoi cada ano un musical: “O príncipe de Exipto”, “Vivir cantando”, “Euroson-G”, “Emerxencias musicais”, “A pementa e o pementón” e “Historias da cidade”.
Nos meses de decembro de 2014 e xaneiro de 2015 asiste aos cursos 1 e 2 de “A improvisación como sistema pedagóxico” impartidos polo profesor D. Emilio Molina.
No mes de Febreiro de 2015 asiste e coordina un curso de voz cantada impartido polo profesor e cantante D. José Antonio Campo Edesa.
Actualmente imparte clases de canto no Centro de Música Fingoi.

 

 

 

 

FaLang translation system by Faboba