E por fin, aconteceu!

A pesares das circunstancias e de todos os inconvenientes debidos á cruel pandemia, fomos quen de conseguir levar a cabo o 15 de xuño de 2021 a posta en escena do musical deste ano titulado “Acoso”.

Non creo que sexa preciso explicar cal é o tema do mesmo, pero si, que a música é quen consegue atenuar e mesmo eliminar, unha situación dramática nunha escolar adolescente.

Montar unha función destas características require moito traballo. Primeiro, traballo individual, que vimos facendo todo o ano na aula de canto e despois, traballo colectivo, que nos descobre a maxia da profesión e os valores da colaboración e a valoración do traballo dos demais.

Somos seres sociais e cremos na cultura do estudo e o esforzo para acadar os obxectivos que nos marcamos e por iso mesmo non me resta máis que felicitar as alumnas e os alumnos de canto polo traballo realizado e agradecer a Lines Salgado, como autora do libreto e a Begoña Regueiro, como sempre, a súa inestimable colaboración. É un pracer traballar con tod@s el@s.

A continuación, un resumen das actuacións: