O Centro de Música Fingoi é un Centro Autorizado de música, no que se cursan os estudos oficiais de grado profesional.
FINALIDADE
Proporcionar ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da Música.
DURACIÓN
Estrutúrase en seis cursos.
MATERIAS
Divídense en tres tipos:
– Materias comúns a todas as especialidades: Instrumento ou voz, Linguaxe musical, Harmonía e Historia da Música.
– Materias propias de cada especialidade.
– Materias optativas.
ESPECIALIDADES
Acordeón, Clarinete, Contrabaixo, Fagot, Frauta traveseira, Gaita, Guitarra eléctrica, Guitarra clásica, Óboe, Percusión, Piano, Saxofón, Trombón, Trompa, Trompeta, Tuba, Viola, Violín e Violoncello.
ACCESO
Para acceder ás ensinanzas profesionais de Música é requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso.
Poderá accederse a cada curso destas ensinanzas sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, se demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.
TITULACIÓN
Unha vez superadas estas ensinanzas obtense o título profesional de Música na especialidade cursada.