O CENTRO DE MÚSICA FINGOI é un centro educativo musical e privado, que ofrece ensino oficial e amateur.
O Centro de Música Fingoi conta cunha historia de máis de 20 anos. Os seus inicios están no ano 2000. Nace como un centro de ensinanza e creación musical, que ofrece unha alternativa privada orientada a encher un baleiro na educación musical da cidade de Lugo e no noso país.
Este centro continúa coa longa experiencia de educación musical do Colexio Fingoi inaugurado en 1950 no que, dende os seus comezos se fomentou unha importante innovación educativa, que incide na importancia da pedagoxía da música en todas as etapas educativas: dende a Educación Infantil até o Bacharelato. Tamén se continúa o labor iniciado na Escola Agrícola da Granxa de Barreiros posta en marcha 1948 tamén por D. Antonio Fernández (fundador do colexio Fingoi entre outras moitas iniciativas deseñadas para o avance económico e cultural galego) na que se realizou un gran impulso para a recuperación da nosa música popular e tradicional. Desde os seus inicios contou entre os seus colaboradores con personalidades como: Faustino Santalices, Paulino Pérez e Avelino Pousa Antelo. Na actualidade o gaiteiro Pepe Vaamonde continúa con este labor.
O Centro de Música Fingoi dende sempre tivo clara a súa finalidade como centro impulsor da nosa cultura popular e da Música Tradicional Galega.
No Centro de Música Fingoi pódese elixir entre:
A) A ESCOLA DE MÚSICA, que conta con diferentes niveis educativos: Iniciación instrumental e formación musical (de 5 a 7 anos)
– Música para bebés (de 0 a 3 anos)
– Sensibilización Musical (de 3 a 5 anos)
– Iniciación instrumental e formación musical (de 5 a 7 anos)
– Formación Básica para nenas/os, mozas e mozos e adultos (a partires de 7 anos e sen límite de idade).
B) O ENSINO OFICIAL: o Centro Autorizado de Música Profesional, homologado pola Xunta de Galicia, conta coas mesmas competencias pedagóxicas que un conservatorio público, é decir, realiza os exames no propio centro.