¡Estamos de volta!

No Centro de Música Fingoi queremos poñerlle sons ao mundo desde as primeiras etapas das nenas e os nenos.


O que nos rodea ten sons e a música acompaña o desenvolvemento, mesmo dende antes do nacemento.


A música favorece a aprendizaxe dos idiomas e o avance cognitivo. Transmite emocións, favorece a creatividade e crea un espazo de divertimento e ocio entre os máis pequenos. Relaxa, axuda a estar tranquilos e a durmir ao tempo que transmite e evidencia emocións, modifica o estado de ánimo do oínte, fomenta o autocontrol e promove a reflexión e estimula a súa intelixencia emocional.


Tan válida é unha nana, como a música de Mendelssohn ou Vivaldi, cancións para anainar, de animais, con onomatopeas, música clásica de fácil estrutura e curta duración… Escoitar distintos tipos de música, axuda a comprendela, recoñecela, gozala e vivila. E contribúe a unha educación global.


Convidámosvos a unha clase/concerto aberta para bebés (para idades comprendidas entre 0 e 3 anos):

o día 27 de Setembro (luns, de 17:45-18:30 h),

ou o día 19 de Outubro (martes, de 17:15-18:00 h) no Centro de Música Fingoi.


Imprescindible anotarse previamente

chamando ao teléfono 982 28 40 94.


Os nenos e nenas deberán vir acompañados dunha persoa maior de referencia (nai, pai, avós…).

 

 

secretaria@centromusicafingoi.com