Os nosos obxectivos principais son:

– Ofrecer un programa de estudos no que se integren a linguaxe da música, o desenvolvemento técnico do instrumento, adquirir unha experiencia musical en grupo e unha comprensión clara dos compoñentes máis importantes da música: ritmo, harmonía e melodía. Empregamos como método pedagóxico a improvisación, que xoga un papel fundamental no desenvolvemento da técnica e da creatividade.

– Que as nosas alumnas e alumnos sexan parte activa en formacións musicais para potenciar a ensinanza en grupo: orquestras de cámara, bandas, conxuntos, ensembles de música moderna, jazz e folk, combos, agrupacións vocais e corais

Ofrecer un coñecemento previo dos instrumentos para que os/as alumnos/as poidan realizar unha elección libre de instrumento, para o que se lle proporcionan diferentes modos de acceder a el:

  • Probando todos os instrumentos aos que poden acceder no noso centro.

  • A través de audicións en directo.

  • Rotando por todas as especialidades e profesores, etc.

Organización de diversas actuacións do alumnado a través de audicións, concertos en público, gravacións en CD… Todo isto coa finalidade de potenciar o seu autocontrol e a súa capacidade comunicativa, dándolles seguridade na interpretación, así como na escoita cando participan como espectadores.

Fomentar unha educación galega e intercultural: propiciando inicialmente o amor e o respecto pola música popular e tradicional galega, así como a apertura e o coñecemento das músicas doutras culturas do planeta.