No Centro de Música Fingoi estamos totalmente implicados no cumprimento de todas as medidas sanitarias indicadas polas autoridades e esiximos un estrito cumprimento das mesmas a todos os integrantes da nosa comunidade educativa en todos os espazos do Centro.

No Centro de Música Fingoi están establecidas as seguintes medidas de seguridade e prevención:
- Está garantida unha distancia de seguridade mínima de 1.5 metros en todas as aulas.
- Emprego obrigatorio de máscaras en todo momento en todos os espazos do centro para os alumnos/as maiores de 6 anos.
- Colocación de de carteis informativos nos accesos, cintas adhesivas marcadoras para regular o fluxo de persoas, e alfombras con solución desinfectante.
- Contamos cunha persoa para controlar o acceso ordenado e controlado, que verifica a separación interpersoal e o uso de máscaras de forma axeitada.
- Dispoñemos de xel hidroalcólico en todos os espazos e dispensadores de papel para secado de mans en aseos e aulas.


- Realízase unha limpeza e desinfección diaria previa á apertura do recinto e posteriormente 2 veces durante o día hixienízanse os espazos e zonas comúns.
- Efectúase unhalimpeza e desinfección das aulas de instrumentos despois de cada hora de clase.
- Procédese á ventilación natural continua das aulas e despois de cada clase durante un período de 10 minutos como mínimo. Nas aulas de grupo haberá unha hora libre entre cada grupo.
- Está habilitada unha sala de illamento para alumnado con sintomatoloxía, dotada de máscaras autofiltrantes ffp2, pantallas faciais e guantes de protección.
- O Centro de Música dispón dunha plataforma segura online para reunións virtuais cos familiares ou para dar clase a alumnado confinado en corentena.
